Últimas noticias Hemeroteca

Tino Saqués ve un "fútbol gañador" co novo xogo do equipo

Asi se pronunciaba o presidente trala sinatura dun convenio de colaboración co Pescados Rubén Burela FS

Tino Saqués e Manuel Blanco asinando o convenio /

A realidade do CD Lugo non é a máis desexada. Mirando cara atrás, a situación dos aibivermellos en comparación coa tempada pasada pinta ben diferente. A estas alturas, o equipo da cidade amurallada situábase na terceira posición da clasificación da División de Prata mentres que a día de hoxe suma un total de trece puntos e ocupan a décimo sexta posición da listaxe. Cambio de míster, cambio de  táctica e cambio evidente no xogo dos albivermellos. Pero a vitoria segue sen querer aparecer para os pupilos de Monteagudo.


O presidente da entidade albivermella, Tino Saqués, ve un Lugo diferente. E malia que os resultados, polo de agora, non acompañen, o presidente fala  dun cambio "sustancial" no xogo do equipo. Pese ó pouco tempo que leva o novo técnico no banco, "as sensacións, na forma de xogar, nas ansias de ir polo partido... é diferente. É un xogo gañador e sairemos dos postos baixos da táboa", insiste. 

A falta de gol e de atino mingua as ilusións dos afeccionados. E os datos así o reflicten. O CD Lugo é un dos conxuntos da División de Prata que non chegan a unha media de 3.500 asistentes por partido en casa. "É certo que con respecto ó ano pasado baixamos no número de asistentes. O inverno chegou antes e os resultados non ilusionan.  Os xogadores son os que teñen a resposabilidade de ilusionar pero precisan sentirse arroupados. A afección te que animar, apoiar... non crear silbidos cando as cousas non van ben", relexiona.

Unha das solucións para tentar solventar a falta de gol no vestirario albivermello pasaría polo mercado de inverno. "O mercado de inverno está aí e podemos facer uso del. Se aparece algunha opotunidade para reforzar a plantilla nalgún posto evidentemente poderemos facer uso del. Aínda non sabemos que vai pasar".

 

Convenio de colaboración

O CD Lugo non deixa de espallar o fútbol por toda a provincia e ven de asinar un convenio de colaboración co Pescados Rubén Burela FS . O obxectivo do documento é unir forzas entre ambos e fomentala unión do fútbol e do fútbol sala en toda a provincia. “Este camiño xuntos acercará a Lugo e á Mariña. Facilitarémolo acceso a afeccionados de ambos clubes ó Anxo Carro e ó Vista Alegre". Unha das primeiras accións será a de ceñebrar "O día do Lugo" e " O día do Burela", para poder asistir a partidos de cada un dos conxuntos.

Cargando
Cadena SER

¿Quieres recibir notificaciones con las noticias más importantes?