Últimas noticias Hemeroteca

Lunes, 21 de Octubre de 2019

Otras localidades

As sensacións fixéronse realidade

O CD Lugo vence á UD Las Palmas cun contundente 4-2

Escriche festexando o gol /

Intenso até o último minuto. Así foi o partido que lle devolve o sorriso ós albivermellos. A UD Las Palmas regresa a casa sen poder sumar no seu casilleiro mentres que a familia lucense festexa os tres que deixa na casa. Segunda vitoria consecutiva coma locais para os de Monteagudo, quen subliña: "al fin las sesaciones se han convertido en una realidad", asegura.

Poñíaselles o partido de cara ós locais cun pelanti que lanzaba Herrera no minuto once. A historia parecía repetirse. Xa no encontro có Córdoba era o dianteiro o encargado de abrilo marcador, e de penalti. Na xornada décimo quinta foi ese tanto o que lles deu o pulo suficiente para impoñerse ante o rival e parece que fronte a Las Palmas a historia se repite. Os lucenses tentaban á sorte unha e outra vez. As ocasións de perigo se xeraban costantemente. Un cabezazo de Iriome, Lazo adentrábase na área rival con intención de disparar e o propio Herrera tentaba repetir. 

Tras varios tira e puxas, o ex albvivermello, Álvaro Lemos, avisaba das intencións dos canarios e Cala, no minuto vinte e catro, fíxoas realidade. Non dubidou e, tras un rechace de Juan Carlos, mandaba o coiro ó fondo da malla. Lonxe de amedrentarse, o CD Lugo respostaba con velocidade, con dinamismo e buscando o oco. E insistindo chegaba o 2-1. Herrera, no trinta e seis sumaba o segundo tanto para o Lugo. Dende o centro da área, remataba coa esquerda e lanzaba o balón por baixo, ben pegado ó pau esquerdo da porteria que defende Nauzet.

Así marchaban os protagonistas ó túnel de vestirario. Á volta, de novo intensidade sobre o Anxo Carro. Tanta foi que no minuto tres da segunda parte, Escriche remataba dende o centro da ára tras un maxistral pase en profundidade de Lazo. O CD Lugo vía máis cerca a victoria, pero "no han dejado de buscar el cuarto y hasta hemos tenido oporutnidad de matar antes el partido. El equipo tenía hambre de victoria y el no conformarse está en su ADN", explicaba Alberto Monteagudo.

Pero a UD Las Palmas non baixaba os brazos. O equipo ten claro o seu obxectivo: Pelexar polo playoff. Loitaron sen cesar e no minuto cincuenta e catro, Mesa anotaba o segundo para os visitantes. Poñían nerviosos ó Lugo, pero un moi acertado Iriome sentenciou o encontro cun gol no minuto noventa. Dende os tres cuartos do campo, o chicharreño disparaba sen medo o balón para anotalo o gol que anulaba por completo o traballo da UD Las Palmas.

“Contentos porque llevábamos una racha en la que hacíamos las cosas bien pero no llegaban los resultados. Los 3 puntos nos vienen muy bien", así aseguraba estar Iriome tralo remate do partido. Con este 4-2 o CD Lugo durme na décimo quinta posición da táboa.

Cargando
Cadena SER

¿Quieres recibir notificaciones con las noticias más importantes?