Sociedad | Actualidad
Faro da Humanidade

A Torre de Hércules da un paso máis para ser espazo natural protexido

O Concello da Coruña terá que elaborar un plan de conservación

Torre de Hércules / Cabalar (EFE (archivo))

Torre de Hércules

A Coruña

A Xunta aprobou de forma inicial a declaración da contorna da Torre de Hércules como Espazo Natural de Interese Local. Agora ábrese un prazo de dous anos para que o goberno local presente un plan de conservación que lle permita obter a declaración definitiva.

A declaración como ENIL foi solicitada no anterior mandato polo Goberno local de Marea Atlántica. Na súa petición subliñou como valores naturais que debían ser protexidos os sete hábitats de interese comunitario, entre os que están as 100 especies de aves que existen na contorna, 231 de insectos, 50 tipos de fungos e 195 especies de plantas.

O ENIL da Torre terá unha superficie de máis de 39 hectáreas e será xestionado polo Concello, con partidas específicas nos seus orzamentos anuais e necesarias para a súa conservación. Nisto a Xunta non estaría obrigada a achegar fondos.

 
  • Cadena SER

  •  
Programación
Cadena SER

Hoy por Hoy

Àngels Barceló

Comparte

Compartir desde el minuto: 00:00