Últimas noticias Hemeroteca

Lunes, 30 de Marzo de 2020

Otras localidades

CORONAVIRUS | Minuto a minuto CORONAVIRUS | Minuto a minuto Cerca de 12.300 profesionales sanitarios han dado positivo en coronavirus
Nutricia

Poke Bowl, a comida de moda entre os deportistas

Estes coloridos platos son a alternativa ideal á comida rápida: Sinxela elaboración combinada cun magnífico aporte nutricional

Poke Bowl de atún

Poke Bowl de atún / Freepìk

Probablemente non sexa a primeira vez que escoites falar do Poke Bowl. Este menú hawaiano causou furor nas redes sociais o pasado verán. Os Poke Bowls poderiamos simplificalos en ensaladas de pescado. Estes vistosos e coloreados pratos son o aliado perfecto para unha alimentación saudable nunha sociedade na que o tempo escasea.

Os bowls son a alternatva perfecta á comida rápida. O tempo de preparación non é excesivo e o aporte nutricional é magnífico. Un Poke Bowl implica falar de pescado. "Poke" soignifica "cortar" en hawaiano. As súas oríxes están no mar, pois os pescadores cortaban a súa colecta , mariñaban o peixe e tiñan agardando un auténtico manxar.

Nun principio solía facerse con atún, pero na actualidade a variedade proteica que protagonizan os Poke Bowls son varios: salmón, gambóns, atún claro ou até peixe espada. Comunmente, estes taquiños de peixe colócanse sobre unha base arroz xazmin, pero tamén poden xogar con arroz integral,  quinoa, espaguettis de calabacín ou fideos chineses.

Pero coma prato moderno e realfooder que é, non podía existir sen a súa versión vegana ou vexetariana. A proteina animal, neste caso peixe, pode ser sustituida polo tofu. Os Poke, se por algo se carcaterizan é pola ampla variedade de alimentos que os poden compoñer.

Os bowls caracterñizanse por unha presnetación ben colorida. Por iso, á proteina e  ós carbohidratos hai que sumarlle condimentos varios. É raro ver pasar un Poke sen aguacate, agora é o rei destes pratos, pero podes explirar combinacións máis especiais. Dende algas, ata frutas tropicais coma a piña ou o mango, edame, cebolla ou cebolleta, zanahoria, máiz frito... Deixa voar a túa imaxinación e topa a mestura perfecta.

A salsa é tamén un acompañante fundamental. O usual é optar pola soia, salsa de wasabi ou aceite de sésamo.  E para o toque final, as sementes non poden faltar nesta cita. Optar por sésamo molido, por amapola ou chía éun indispensable  nestes pratos de moda.

Ademáis de ricos, sinxelos e non excesivamente caros, os Poke Bowls non son pratos cargados dun alto nivel calórico. O bowl rolda entre as 450 e 600 kcal, en función da cantidade de carbohidrato e condimento que escollamos.

Por iso, os Poke Bowls tense convertido na comida estrela dos nosos deportistas. Un prato rico en vitaminas e proteinas cun baixo aporte calórico. Se queres saber máis, dalle o play!

Cargando
Cadena SER

¿Quieres recibir notificaciones con las noticias más importantes?