Acordo para unha moción de censura en Ponteceso

Lois García Carballido / Radio Nordés

Costa da Morte
Os concelleiros da oposición en Ponteceso aseguran ter un acordo para presentar a moción de censura para arrebatar a Lois García Carballido da alcaldía.
O voceiro de APIN José Manuel Pose asegurou esta mañá en Radio Nordés que o acordo existe, que haberá unha candidata e que en poucos días será presentada a moción. Unha das concelleiras non adscritas, Raquel Fondo confirmou a versión de Pose pero insistiu en que aínda quedan algúns detalles por acordar. O problema máis importante co que se atopan para presentar a moción é a lei antitransfuguismo que, segundo se interprete, podería impedila.
Pola súa banda o voceiro do PP Daniel García asegurou non saber nada da moción, contradicindo a versión dos outros portavoces. Os Populares veñen de pedir unha auditoría externas para comprobar se existen irregularidades coas facturas e anuncian que levaran ante a fiscalía as gravacións aparecidas nos últimos días, supostamente, con conversas entre o alcalde e varios concelleiros.
Polo momento Carballido non quixo facer declaracións.




