A Facultade Ágora centrou o seu seminario na 'Inclusión social' no espazo público
O xeógrafo Màrius Navazo plantexa que hai que cumprir coa accesibilidade en todo o espazo e non só "nas migallas" dos ocos que deixan os coches

Facultad Ágora / Deputación Pontevedra

Vigo
A Facultade Ágora, a iniciativa formativa da Deputación para representantes políticas e técnicas dos concellos da provincia, abordou hoxe a ‘Inclusión Social’ no espazo público chegando á conclusión de que no deseño urbano sempre se debe asumir a perspectiva das persoas máis vulnerables e con menos recursos.
As persoas especialistas que participaron no seminario, a urbanista Zaida Muxí, o xeógrafo Màrius Navazo e os representantes de Cogami Anxo Queiruga e Paulo Fontán, coincidiron en que é preciso pensar as cidades de maneira global para que todo o mundo se atope cómodo en todos os seus espazos.
A doutora Zaida Muxí foi a primeira en falar na xornada. Admitiu que o urbanismo non é neutral nin universal “posto que ignora a diversidade” e subliñou que é preciso traballar na mellora da accesibilidade e a inclusión, pero tendo en conta a vida cotiá -os espazos de encontro, de xogo, da vida...- e non só unicamente os espazos excepcionais onde hai monumentos, como acontece en moitas cidades.
Descubre la nueva app de Cadena SER Te ofrecemos una mejor experiencia de audio y video
DescargarCoñecida polo enfoque de xénero que dá ao urbanismo, Muxí subliñou que as cidades están feitas dende unha experiencia excluínte, a do xénero masculino, focalizadas na produción, o traballo produtivo de persoas 100% hábiles “que non se enteran de como se soluciona a vida cotiá porque chegan a casa e hai comida e está a roupa limpa”.
Explicou Muxí que a mirada das mulleres, tradicionalmente nos roles de coidadoras, é diferente á masculina, pero subliñou tamén que aplicar a perspectiva de xénero non é algo ‘de mulleres’, senón que ten que ver coas persoas que coidan e con visibilizar toda a diversidade e incluíla con empatía. “Non é só falar de mulleres”, insistiu.




