Os Premios D.O Ribeiro premian a labor de Manuel Villanueva
Esta Gala especial de X aniversario celebrarase no Auditorio o 25 de novembro
Ourense
O Consello Regulador da Denominación de Orixe Ribeiro ten todo listo para a edición dos seus Premios D.O. Ribeiro que neste 2021 celebran a súa décima edición, e que se celebrarán por vez primeira na cidade de Ourense; concretamente o xoves 25 de novembro, ás 19.00 horas e no Auditorio Municipal.
Unha ocasión moi especial, como é a celebración da décima edición destes consolidados galardóns, terá tamén unha celebración diferente. Despois de que o pasado ano 2020, por mor da pandemia, estes premios se entregasen nun evento híbrido, no que participarán en directo un reducido número de persoas, nesta ocasión moitos amigos da D.O. Ribeiro poderán asistir presencialmente a este acto tan senlleiro.
Manuel Villanueva, Director xeneral de contidos de Mediaset España será recoñecido co Premio ‘Persoeiro de Honra’.
O día 25 de novembro recoñecerase tamén aos mellores viños brancos e tintos na cata oficial, de adega e de colleiteiro, da Denominación de Orixe máis antiga de Galicia. Ademais entregaranse os premios “Mellor servizo de viño en restaurante”, “Tenda especializada – viñoteca” e “Taberna – bar de viños”, ademáis de “Muller e viño”, “Mellor labor de comunicación”, “Vida entre Vides”, e unha nova categoría “Ribeiro entre nós”.