Selecciona tu emisora

Ir a la emisora
PerfilDesconecta
Buscar noticias o podcast

Paro practicamente total nas conservas na primeira xornada de folga para reclamar un convenio digno

Centos de empregadas mobilizáronse en Vigo ao berro de "non somos escravas, somos traballadoras!"

Concetración Vigo / CIG

Concetración Vigo

Vigo

A primeira xornada das tres convocadas nas conservas de peixe para reclamar un convenio colectivo digno tivo un seguimento practicamente total entre o persoal de produción. Centos de empregadas/os do sector aproveitaron para mobilizarse en Vilagarcía, Vigo e Boiro ao berro de “non somos escravas, somos traballadoras/es”, nun exemplo de “responsabilidade e compromiso” na defensa das súas condicións de traballo, tal e como salientaron dende a CIG.

A xornada reivindicativa comezou a primeira hora da mañá coa labor dos piquetes informativos ás portas das principais compañías do sector, especialmente nas comarcas do Salnés e do Barbanza, onde puideron constatar un seguimento masivo da folga. A CIG cifrou en arredor dun 90% o persoal de fabricación que non se presentou no seu posto de traballo, “o que amosa a responsabilidade e o compromiso que as persoas traballadoras do sector teñen co seu convenio e coas súas condicións laborais”.

A responsábel da FGAMT-CIG do Salnés, Rosa Abuín, valorou moi positivamente tanto o seguimento da folga como as propias mobilizacións celebradas na praza de Galiza en Vilagarcía, diante da Xunta en Vigo e ás portas do Concello de Boiro “a pesar dos intentos de boicot por parte da patronal con ameazas e coaccións ás traballadoras/es para que non secundasen o paro”.

Neste senso, Abuín denunciou o acontecido por exemplo na empresa boirense Frinsa, cuxos responsábeis ameazaron con despedir a todas aquelas persoas que participasen na folga. “Non imos permitir estes comportamentos absolutamente antidemocráticos que atacan un dereito fundamental como o de folga, e imos valorar co noso departamento xurídico a posibilidade de presentar unha denuncia”.

Ao mesmo tempo, a responsábel sindical instou a patronal a “tomar nota” do éxito rexistrado pola folga a pesar dos intentos do empresariado por facela fracasar, mesmo distribuíndo comunicados polas compañías e facendo contracampaña contra os sindicatos, “algo totalmente inédito no sector”. Por iso considera que “teñen que escoitar” as demandas do persoal sector, “que hoxe amosou o seu enfado por como se está a levar a negociación do convenio”.

De feito, foi a patronal a que decidiu suspender de xeito unilateral a seguinte xuntanza da mesa de negociación, prevista para o vindeiro día 27. “Poñen como escusa a folga, pero o certo é que levamos un ano de contactos e a parte social sempre se amosou disposta a negociar”. Por iso cualifica de erro que o empresariado rache unilateralmente a mesa de negociación “porque entendemos que o fai como represalia pola convocatoria, que é un dereito fundamental da clase traballadora”.

 

Directo

  • Cadena SER

  •  
Últimos programas

Estas escuchando

Hora 14
Crónica 24/7

1x24: Ser o no Ser

23/08/2024 - 01:38:13

Ir al podcast

Noticias en 3′

  •  
Noticias en 3′
Últimos programas

Otros episodios

Cualquier tiempo pasado fue anterior

Tu audio se ha acabado.
Te redirigiremos al directo.

5 "

Compartir