O presunto autor da agresión de Carballo, baixo custodia da Garda Civil
O individuo vén de entregarse na Comandancia da Garda Civil de A Coruña
Carballo
O presunto autor da agresión que mantén en estado crítico a unha carballesa xa está baixo custodia da Garda Civil. O individuo, un varón parella da vítima, estaba en busca e captura como principal sospeitoso do ataque. FInalmente vén de entregarse no control de acceso da Comandancia da Garda Civil da Coruña. Trátase de J.A.C.S. de 44 anos e marido da agredida.
Más información
A vítima é unha muller de Carballo que se debate entre a vida e a morte logo de sufrir unha brutal agresión nesta pasada madrugada. Os feitos aconteceron no lugar de Sísamo, no Concello de Carballo. A agredida apareceu con importantes golpes na cabeza, o que lle ocasionou unha fractura de cráneo que á mantén nun centro hospitalario coruñés en estado crítico.
Segundo fontes da investigación, a agresión tería sucedido ao redor das tres da madrugada en Sísamo. As asistencias trasladàronse ata o lugar dos feitos atopando a unha muller con fortes golpes na cabeza. Na primeira exploración os médicos detectaron unha fractura de cráneo, ademais de danos ña facíana e no tabique nasal. Foi trasladada ao CHUAC onde se mantén en estado crítico. Dende esa hora as forzas de seguridade buscan ao presunto agresor, a parella da vítima, un varón de 44 anos. Buscan un Seat Ibiza de cor gris no que ao parecer se podería ter dado á fuga.
A parella ten dous fillos, entre os 5 e os 10 anos, que se atopan en bo estado. A agredida é moi coñecida en Carballo xa que a súa familia ten unha pastelería co centro da vila.