Hoy por Hoy A CoruñaHoy por Hoy A Coruña
Música

James Rhodes: "Galicia es como mi hogar espiritual"

O pianista británico fálanos do seu amor pola nosa lingüa, a súa compra frustrada da Casa Cornide, e os seus proxectos polos dereitos da infancia

Entrevista a James Rhodes, pianista (04/10/2022)

Entrevista a James Rhodes, pianista (04/10/2022)

10:47

Compartir

El código iframe se ha copiado en el portapapeles

<iframe src="https://cadenaser.com/embed/audio/460/1664867027780/" width="100%" height="360" frameborder="0" allowfullscreen></iframe>

A Coruña

O pianista británico, James Rhodes, chega a A Coruña o 23 de outubro para tocar en Noites do Porto. O pianista, activista, escritor e comunicador comeza a entrevista prometendo que algún día falará en galego, xa que é un tolo dos idiomas. Aínda así, pide que á entrevista sexa en galego. Define a nosa lingüa como unha lingüa "tan bonita, tan especial, una parte de la cultura gallega. Es inconcebible hacer una entrevista allí en Castellano. Galicia es como mi hogar espiritual".

Más información

James non entende o pensamento de educar nun só idioma. Pensa que o idioma é tradición e historia; así como as frases míticas dun lugar, a cultura, a comida...

Séntese como na casa en Muros, un dos seus sitios favoritos, onde todo o mundo fala en galego. "Es un mundo tranquilo y lleno de bondad. Es una forma de escapar de todo el ruido de Madrid y sentirme como en casa".

Interés en comprar a Casa Cornide

Tras ver á venda a Casa Cornide, interesouse e chamou á inmobiliaria para informarse. Non conseguíu ningunha información e acudíu ás redes sociais para contar a súa experiencia: "El tío era como muy sospechoso, no me decía el precio, no me decía nada y decidí publicar en redes sociales que era un poco chungo. Al día siguiente me llama el tío enfadadísimo, 'que coño haces, sé quienes son tus amigos, no puedes castigar a la familia Franco, hijo de...´". Encantaríalle converter a Casa Cornide, nun sitio de arte, nunha libraría, nun café... pero dada a rabia do vendedor, tal vez vai buscar outro sitio.

Noites do Porto. O porto aberto á cidadanía

O Porto da Coruña estáse a abrir á cidadanía con diversos eventos. Noites do Porto leva a música aos peiraos e non pasa desapercibido para os artistas que veñen tocar. James Rhodes, concibe a idea de tocar ao aire libre como algo "muy bonito, con las estrellas en el cielo... yo tocando Chopin; es algo increíblemente romántico. Me muero de ganas, amo A Coruña. Volver a Galicia me da una alegría enorme".

Respecto á variedade de xéneros en Noites do Porto, pensa que toda á música é igual. Non comparte o estereotipo de que a música clásica é para xente rica e educada. Non lle gustan as reglas impostas e para él "solo necesitas cerrar los ojos durante una hora y media y escapar de todo el ruido de la política, las redes... es una forma de meditar, es un poco 'pihippie' pero es así, y en esta época mas que nunca". Considera que non debería haber segregación entre estilos musicais e que ogallá fose máis habitual as xuntanzas de artistas de diferentes estilos. "Rosalía, Leiva, Sabina ou Chopin é música. A música é música, é toda igual" declara.

Jorge Drexler actuará a noite anterior, o sábado 22 de outubro, en Noites do Porto. A posibilidade de tocar xuntos xurdíu a través dunha conversación nas redes sociais. James confesa que nas próximas datas van falar, van ensaiar, e intentarán concretar algo para Noites do Porto.

Define a Orquesta Sinfónica de Galicia como "una orquesta de puta madre". Ademáis declara que "son increíbles, tocan como dioses".

Fundación polos dereitos da infancia

O pianista británico está completamente implicado na loita polos dereitos da infancia e recentemente creou a súa propia fundación que está empezando en Madrid, pero que quere trasladar a Galicia. Consitirá nunha unidade, nun hospital público, de trauma emocional para adolescentes e nenos con poucos recursos, que contará con "un psiquiatra y dos psicólogos trabajando codo con codo, que den servicio en menos de 24 horas, sin pagar, y con tratamientos de última generación y un cuidado perfecto. No puede ser que un adolescente, víctima de bullying o violación, tenga una cita con un psiquiatra, con suerte, dentro de 7 u 8 meses y durante 15 minutos".

Pódese falar de todo pero o que máis nos presta é escoitar a James tocar o piano.

Biografía

Pianista y escritor que convierte el concierto clásico tradicional en una auténtica experiencia inclusiva. En sus conciertos, un formato totalmente revolucionario en el contexto de la música clásica, James Rhodes comparte su amor y pasión por la música, situándose como un gran divulgador del estilo. En cada actuación, el intérprete inglés ofrece una mirada renovada en laque, además de tocar, contextualiza las obras que interpreta y cuenta sobre el escenario la historia y detalles biográficos de los compositores.

Aclamado por su estilo, aporta un toque personal en cada actuación, que muestran la experiencia de la música en primera persona, deshaciendo la formalidad que en ocasiones envuelve a la música clásica para poder acercarla al gran público.

Autor de textos como ‘Instrumental. Memorias de Música, medicina y locura’ (2015); ‘Toca el piano’ (2016), ‘Fugas’ (2018), ‘Playlist: rebeldes y revolucionarios de la música’ (2019) o ‘Made in Spain: cómo un país cambió mi forma de ver la vida’ (2021), en A Coruña interpretará un repertorio único y exclusivo.

 
  • Cadena SER

  •  
Programación
Cadena SER

Hoy por Hoy

Àngels Barceló

Comparte

Compartir desde el minuto: 00:00