O do 36 non podería acontecer hoxe ¿ou sí?
E se fose hoxe? proxecto fotográfico contra o esquecemento da represión franquista por iniciativa da Vicepresidencia da Deputación de Pontevedra.
E se fose hoxe? exposición contra o esquecemento
10:24
Compartir
El código iframe se ha copiado en el portapapeles
<iframe src="https://cadenaser.com/embed/audio/460/1687097245204/" width="100%" height="360" frameborder="0" allowfullscreen></iframe>
Santiago de Compostela
A idea é situar a persoas actuais nos cargos dalgunhas das vítimas do golpe de Estado de 1936. A idea en que nos poñamos na situación dos represaliados polo franquismo que non eran moi distintos a nós e, por outra banda, alertar do risco do avance do fascismo e mostrar as consecuencias que tería hoxe un golpe como o do 36.
O concepto deste proxecto é obra de Montse Fajardo, técnica da Memoria Histórica da Deputación de Pontevedra, que foi entrevistada no programa A Vivir Galicia – Cadena SER.
Doce participantes posaron para homenaxear a quen ocupaba daquela o mesmo cargo o desempañaban profesións que padeceron a represión franquista, son:
- Miguel Anxo Fernández Lores, alcalde de Pontevedra, representa as persoas que tiveron que esconderse para salvar a vida. En concreto, a Manuel García Filgueira, alcalde de Pontevedra no momento do golpe, que estivo trece anos nun tobo: desde xullo de 1936 ata 1949.
- Carmela Silva representa a quen no momento do golpe de Estado era o presidente da Deputación, Maximiliano Pérez Prego. O seu xuízo suspendeuse porque morreu no Hospital, sen que se coñecese a súa doenza.
- Luís Bará, parlamentario, representa a Bibiano Fernández Osorio-Tafall, quen tamén foi presidente da Deputación. No momento do golpe era deputado. A súa historia reflicte moi ben o exilio: non volveu ver a súa familia.
- Kiko Da Silva. O debuxante pontevedrés representa a Castelao e as penurias económicas que pasou no exilio.
- Cano Paz, libreiro, representa a incautación de bens, en concreto, o seu avó Ramiro, a quen fusilaron para logo quitarlle o prelo á súa familia.
- Ánxos Rial, profesora do IES Sánchez Cantón, personifica a docente comprometida que é expulsada das aulas, coma Ernestina Otero ou tantas outras. Aparece acompañada do alumnado do seu centro de secundaria con caixas de "mudanza" mentres a miran marchar.
- María Ortega (e outras mulleres coma a actriz Aire Quinteiro ou a cantante Uxía Senlle). A deputada representa a vilagarciá Juana Otero, que foi rapada xunto a todas as mulleres que padeceron vexacións sexistas.
- María Ramallo Vázquez (PP), Félix Juncal e Leticia Santos Paz (BNG), e Victoria Portas Mariño (Alternativa Canguesa de Esquerdas), titulares das alcaldías do Morrazo en Marín, Bueu, Moaña e Cangas, respectivamente, representan a Antonio Blanco, Johan Carballeira, José Fandiño Pidre e Agustín Jorge Etcheverri, que foron asasinados. Buscouse que fose un proxecto plural, con representantes de distintos grupos políticos, porque todas as forzas democráticas deben involucrarse na defensa da memoria.
- Alba Díaz, fotógrafa do proxecto "E se fose hoxe?", representa o consignatario vilagarcián Dámaso Carrasco, como cara visible de todas e todos os presos da illa de San Simón, que el mesmo fotografou. Se non fose por el, moitos rostros se terían perdido.
Poderá visitarse na Praza de España de Pontevedra ate o 22 de xuño e tamén na rede, na páxina “E se fose hoxe?”
Fotografías: Alba Díaz
Escenografía: Amanda Seijas
Como se fixo: Canal Rías Baixas
Contidos: Área de Memoria Histórica
Deseño gráfico: Servizo de Comunicación
Desenvolvemento da campaña: Comunicación Vicepresidencia
Agradecementos:
Miguel Anxo Fernández Lores, Carmela Silva, Félix Juncal, Leticia Santos, María Ramallo, Victoria Portas, Luís Bará, Kiko da Silva, Cano Paz, Anxos Riveiro, alumnado do IES Sánchez Cantón, persoal de Saraiva, persoal da D. O. Rías Baixas, Carlos González (Adif), Aire Quinteiro, Uxía Senlle, Luísa Márquez, Carmen Abeledo, Lois Pérez, Eva Blanco, Carolina Neira e Tensi Gesteira.
* Fonte: Deputación de Pontevedra.