Selecciona tu emisora

Ir a la emisora
PerfilDesconecta
Buscar noticias o podcast

Anxo Carracedo, Premio Otero Pedrayo 2022 pola súa traxectoria médica e científica

O galardón, organizado pola Xunta e as catro deputacións galegas, é o premio cultural máis lonxevo de Galicia

Entrevista a Ángel Carracedo, gañador do Premio Otero Pedrayo 2022 (28/09/2022)

Entrevista a Ángel Carracedo, gañador do Premio Otero Pedrayo 2022 (28/09/2022)

00:00:0009:57
Descargar

El código iframe se ha copiado en el portapapeles

O investigador Anxo Carracedo foi recoñecido co Premio Otero Pedrayo 2022 pola súa traxectoria médica e científica que o levou a ser recoñecido como un dos mellores xenetistas a nivel internacional.

A distinción do premio cultural máis lonxevo de Galicia foi dada a coñecer este luns tras a reunión do xurado dos galardóns, convocado pola Xunta e as catro deputacións provinciais.

Este ano, estes premios nados en 1977 en honra a Otero Pedrayo recoñece por primeira vez a traxectoria dun investigador ao recaer no catedrático de Medicina Legal Anxo Carracedo.

O xurado enxalzou a figura "privilexiada" do investigador, nacido en 1955 no municipio coruñés de Santa Comba e que ocupa desde 1994 a dirección do Instituto de Medicina Legal da Universidade de Santiago.

Carracedo ten na súa traxectoria o título de director da Fundación Pública Galega de Medicina Xenómica e do Centro Nacional de genotipado e é presidente da Sociedade Española de Farmacogenética e Farmacogenómica.

Ademais, tamén ocupa a vicepresidencia da Academia Internacional de Medicina Legal e a presidencia da International Society for Forensic Genetics. As súas investigacións céntranse na xenética do cancro, as enfermidades psiquiátricas en idade infantil, as enfermidades raras e a farmacogenómica.

Así mesmo, a súa figura tamén se erixiu como un importante formador de novas xeracións de investigadores desde a universidade compostelá.

 

Directo

  • Cadena SER

  •  
Últimos programas

Estas escuchando

Hora 14
Crónica 24/7

1x24: Ser o no Ser

23/08/2024 - 01:38:13

Ir al podcast

Noticias en 3′

  •  
Noticias en 3′
Últimos programas

Otros episodios

Cualquier tiempo pasado fue anterior

Tu audio se ha acabado.
Te redirigiremos al directo.

5 "

Compartir