Sociedad

O día que as mulleres asaltaron o Concello de Cervo

A investigadora Alba Díaz Geada resalta que a memoria oral é clave para construir un relato histórico completo e integrador

O día que as mulleres asaltaron o Concello de Cervo

O día que as mulleres asaltaron o Concello de Cervo

11:06

Compartir

El código iframe se ha copiado en el portapapeles

<iframe src="https://cadenaser.com/embed/audio/460/1710352897281/" width="100%" height="360" frameborder="0" allowfullscreen></iframe>

O 23 de agosto de 1892 unhas trescentas persoas, na súa maior parte mulleres, asaltaron a Casa do Concello de Cervo. Armadas con paus e pedras fixeron fuxir a todos os que estaban dentro e tiraron pola ventá ou racharon moitos dos documentos que se gardaban alí. Foi en protesta por unha fiscalidade inxusta que se cebaba coas clases máis baixas e coñécese como o motín de Cervo.

Agora, a Deputación de Lugo a través da Rede Museística Provincial organiza un relatorio no marco do programa 'Encontros de saberes compartidos' sobre este tema no que intervén a historiadora Alba Díaz Geada. Busca dar visibilidade ao papel das mulleres galegas na Historia, e neste caso nas revoltas populares que se sucederon durante o século XIX e principios do XX.

A investigadora explica que esta foi "unha forma de protesta colectiva á que recorrían as clases populares ante as inxustizas, neste caso para rebelarse contra o imposto de consumos". En Cervo movilizouse "unha gran parte da poboación do municipio, liderada polas mulleres que tiveron un papel fundamental tamén nas protestas previas".

"A pesar de que levaban paus e pedras", explica, "non era un movemento violento xa que sabían moi ben a quen tiñan que dirixirse, quen eran os responsables e que tipo de documetación debían destruir". Para ela está demostrado que detrás desta forma de protesta había unha organización e un profundo coñecemento de como moverse cando a inxustiza social chegaba a niveis insostibles para a poboación.

Non foi un feito illado, senón que se reproduciu tamén noutros puntos da comarca mariñana, pero existe menos información sobre outros sucesos deste tipo na zona. A propia Alba Díaz recoñece que ela mesma descoñecía o sucedido durante o motín de Cervo ata que o escoitou por boca dunha veciña á que entrevistou, Gina, "á que lle pedín que me levase o máis atrás que puidese e acabou por conducirme tamén pola memoria doutra xente que ela custodiaba e que me abriu o camiño a procesos históricos da zona coma este".

Memoria oral

Alba Díaz Geada reivindica a importancia de reparar na memoria oral para construír un relato histórico máis completo, do que adoitan quedar excluídas as clases populares. "Ten moito valor", defende, "xerar espazos que permitan producir coñecemento doutra maneira, para chegar á historia das clases baixas, moito máis desatendida porque son o Estado e as clases dominantes quen produce maioremente as fontes históricas".

"É moito máis difícil chegar aos relatos dos de abaixo", recoñece, pero afirma que "aínda é posible chegar ao século XIX escoitando ás persoas maiores, e dende logo a historia do século XX pode verse moi enriquecida por todas as achegas das fontes orais".

 
  • Cadena SER

  •  
Programación
Cadena SER

Hoy por Hoy

Àngels Barceló

Comparte

Compartir desde el minuto: 00:00