Selecciona tu emisora

Ir a la emisora
PerfilDesconecta
Buscar noticias o podcast

Los Bomberos de Vigo envían un mensaje a la ciudadanía: "Sabedes? temos medo"

La representación de la CUT en el cuerpo de bomberos de la ciudad publica un vídeo tras la muerte de un compañero en acto de servicio: "Tócanos facer todo o necesario para que (...) non se faga a ninguén volver asumir riscos que poidan evitarse"

"Queridas viguesas e vigueses este vídeo está feito para vós." Así empieza el vídeo que la representación sindical de la CUT en el cuerpo de bomberos de Vigo ha publicado este lunes en Youtube, tras la muerte en acto de servicio de un compañero. El vídeo, acompañado de imágenes de diferentes denuncias del cuerpo de bomberos, huelgas y actos de protesta a lo largo de los últimos años, es una misiva a la ciudadanía de Vigo, con el siguiente mensaje:

Más información

"Levamos moito tempo tratando de chamar a vosa atención pero, a verdade, só somos bombeiros e non sabiamos como facer isto. Anos baixo un decreto que un xuíz ordenou retirar por esclavista. Folga, centos de interaccións con riscos inasumibles, para nós e para vós. Interaccións que non se puideron acometer, outras acometidas de forma vergoñenta.

Ao final, decidimos saír ás rúas, tratar de chamar a vosa atención, que esta situación non fose cuberta pola manta da mentira. Tratamos de facelo da forma máis amistosa posible, facéndonos ver como o que somos: bombeiros que aman a súa profesión e queren poder facer o seu traballo como se debe. Porque si, somos bombeiros, pero o risco está aí.

É unha profesión preciosa. Dende fóra pode parecer que vivimos no ximnasio, no comedor e facendo traballos menores. A verdade é que o 80 % pode ser bonito pero, sabedes? temos medo. O disfraz de bombeiro é un dos nosos tesouros. Todos soñamos con vestilo. Creo que é a primeira foto de cada un de nós ao entrar a formar parte desta familia. Pero non é máxico. Non nos fai voar. Non fai que non nos queimemos. Nin que non afoguemos. E sabedes? Hai moitas, moitas intervencións onde nós, os bombeiros, seguimos dando pasos adiante para axudar e o facemos con medo. Medo porque pode ser o último paso. Medo, porque temos familia. Medo porque sabemos que o que nos están a mandar facer non se pode facer así, pero o seguimos a facer, e o facemos porque vós esperades axuda nese lugar a onde temos que chegar.

Necesitamos que poñades na vosa cabeza unha situación que vos produza medo. Medo de verdade. Que pensedes estar nun lugar descoñecido, sen ningún tipo de visión, sentindo un calor abrasador, escoitando o crepitar do fogo, explosións de fondo, cousas que caen e non sabes de onde. Non é cine, é o noso traballo. E que pensedes que, estando nesa situación, é cando o noso traballo comeza.

Tratade de pensar como temos que facer funcionar as nosas cabezas para seguir adiante e cómo poden funcionar se aos riscos normais da propia interacción temos que sumarlle os riscos da irresponsabilidade que se está a facer con nós. Sinceramente, non sabemos como o servizo de Bombeiros foi capaz de aguantar ata aquí.

Sempre dicimos que entre nós temos un anxo que nos axuda e nos coida, pero chegou un momento que lle pedimos imposibles. Hoxe un anxo máis vela por nós. Un anxo ao que nunca poderemos devolverlle o que ofreceu á cidade. Agora tócanos facer todo o necesario para que o que Sergio lle ofreceu lle sexa devolto e non se faga a ninguén volver asumir riscos que poidan evitarse. Novamente pedimos o voso cariño e atención. Nós, os bombeiros, necesitamos ese arroupe. O necesitamos."

El vídeo finaliza con imágenes del cortejo con el que el cuerpo de Bomberos de la ciudad acompañó el féretro de su compañero fallecido, enterrado este fin de semana. Los bomberos, con esta publicación, vuelven a denunciar su situación, haciendo referencia una vez más a la peligrosidad de su trabajo y las condiciones en las que se realiza, en ocasiones, de precaridad.

Antía Paz

Antía Paz

Redactora en Radio Vigo. Ha trabajado en radio, televisión, prensa escrita, agencias de comunicación...

Directo

  • Cadena SER

  •  
Últimos programas

Estas escuchando

Hora 14
Crónica 24/7

1x24: Ser o no Ser

23/08/2024 - 01:38:13

Ir al podcast

Noticias en 3′

  •  
Noticias en 3′
Últimos programas

Otros episodios

Cualquier tiempo pasado fue anterior

Tu audio se ha acabado.
Te redirigiremos al directo.

5 "

Compartir