Sociedad

Un 'Faba Bingo' e showcooking con Bonito de Burela, as novidades da Festa da Faba

É a trixésimo segunda edición e vaise celebrar entre o 4 e o 6 de outubro en Lourenzá

Un 'Faba Bingo' e showcooking con Bonito de Burela, as novidades da Festa da Faba

Lugo

A programación da XXXII Festa da Faba de Lourenzá, que se celebrará do 4 ao 6 de outubro, inclúe coma sempre degustacións e venda de fabas, actuacións musicais e propostas para os máis pequenos, pero tras máis de tres décadas aínda hay espazo para a innovación e o programa inclúe algunha proposta nova.

As actividades comezarán o venres 4 de outubro ás 20:30 horas cunha cata comentada de viño a cargo da adega Alán de Val (D.O. Valdeorras) no Claustro do Mosteiro, e ás 22.30 horas haberá verbena no Campo dos Bolos, amenizada pola orquestra Montreal e DJ Cosme.

O sábado 5 de outubro ás 11:00 horas terá lugar a apertura da XXXII Festa da Faba e das casetas dos fabeiros, na Praza do Conde Santo, amenizada con música a cargo de Fanfarria Furruxa. Ás doce terá lugar "un dos momentos máis esperados polos veciños", o pregón da mestra Amanda Gasalla, moi querida na vila, segundo apunta o concelleiro de Cultura, Manuel Aranga.

Xa a partir das 12.30 comezan as degustacións, e aquí é onde aparecen as primeiras novidades. O showcooking a cargo do cociñeiro Judicael Romero farase en colaboración co Concello de Burela, e o menú combinará a faba co Bonito de Burela, "dous produtos de moita calidade da Mariña e que maridan moi ben", di Manuel Aranga. O resultado da demostración poderá degustarse de forma gratuíta e a música para acompañar poñeraa a partir das 13.30 a orquesta Salsarena. Pola tarde haberá obradoiros infantís de cociña e actuación da Banda de Música de Foz, antes da actuación da orquesta Salsarena ás 22.30.

O domingo 6 de outubro as actividades comezarán xa a primeira hora, a partir das 08.30 coa apertura do mercado da faba ao por maior no Mercado Comarcal e ás 10.00 horas abrirán as casetas dos fabeiros na Praza do Conde Santo. Celebrarase a X Vespafaba & Clásicos na rúa Fernández del Riego e un pasarrúas a cargo da charanga Louband e, de novo, ás 11.30 horas terá lugar o segundo showcooking por parte do cociñeiro Judicael Romero na Praza Linares Rivas, coa colaboración de Bonito de Burela.

Outra das novas actividades que se suman ao cartel será o Fala Faba, con entrevistas na Praza Linares Rivas. Ás 13.00 a charanga Louband ofrecerá outro pasarrúas e ás 13.30 terá lugar o 'Faba Bingo' na Praza Linares Rivas, acompañando a sesión vermú a cargo do Grupo Lume no Campo dos Bolos.

Ás 18.30 horas celebrarase un festival folclórico no Claustro do Mosteiro coas actuación da Asociación Cultural Osorio Gutiérrez e o grupo Os dos martes, que clausurará a XXXII Festa da Faba de Lourenzá. Por suposto, nos bares da vila servirán tapas elaboradas con fabas de Lourenzá durante o sábado e o domingo, días nos que tamén haberá un tren turístico para levar a veciños e visitantes a percorrer a Ruta das Fabas.

Dúbidas sobre se haberá producto para a festa

Más información

Máis alá da programación, goberno local e produtores dubidan de se haberá Faba de Lourenzá para a festa. Isabel Villalba traslada o seu temor e o dos compañeros con respecto ao cultivo. Explica que este produto é moi sensible á meteoroloxía e que as chuvias e a néboa afectaron á colleira, que sufriu enfermidades relacionadas coa humidade e retrasouse. A que máis preocupa é a faba seca: "Fai moi pouco aínda estaba en flor", apunta, "así que non da tiempo para que seque e chegue en condicións de ser comercializada".

Antía Montes

Radio Lugo