Esta fin de semana imos de tapas de outono en Ribadavia
15 locais participan na Ruta de Pinchos
Ribadavia
Este venres, día 29, e o sábado, día 30, Ribadavia converterase no epicentro gastronómico da comarca coa celebración da Ruta de Pinchos de Outono. Un total de 15 establecementos de hostalaría participarán neste evento, ofrecendo deliciosos pinchos a un prezo único de 2,50 euros.
Esta é unha excelente oportunidade para desfrutar do viño da Denominación do Orixe do Ribeiro mentres se degustan creacións culinarias nun formato en miniatura. Ademais, todas aquelas persoas que completen a ruta poderán participar no sorteo dunha cesta de Nadal.
Os establecementos participantes son: Garden Lodge, Rogelio, Pintamonas, Alaba’o, Meu, Kopa, O Morto, Delicatessen, O Birrán, The Boot, Salto Ángel, Marilagar, Huella del Gato, Plaza e Teu.
Todo isto acontece nun momento no que a vila atópase na segunda fase del consurso de Ferrero Rocher "Juntos brillamos más", co prazo para votar aberto ata este xoves día 28.