Selecciona tu emisora

Ir a la emisora
PerfilDesconecta
Buscar noticias o podcast

Memoria histórica en feminino: “Non atopas documentos que falen das violacións das mulleres, que falen da rapa das mulleres… Foi terrible e hoxe en día aínda está sen recuperar”

No 50º aniversario da fin da ditadura segue sen recuperarse a memoria dos represaliados, especialmente a das mulleres. Hai voces que xa non poden falar, aínda que moitas mulleres traballan para contar as súas historias. É o caso das convidadas desta nova entrega de Vermú con SER: Montse Fajardo, Carme Vidal e Encarna Otero

Vermú con SER - Memoria histórica en feminino (16/11/2025)

Vermú con SER - Memoria histórica en feminino (16/11/2025)

00:00:0026:50
Descargar

El código iframe se ha copiado en el portapapeles

Este 20 de novembro cúmprense 50 anos da fin oficial da ditadura, e tras media década de democracia continúan dándose pasos para a recuperación das historias das vítimas do franquismo. De entre todas esas persoas, as mulleres son un dos colectivos máis esquecidos.

Non existen documentos que recollan a represión, os abusos e as violacións ás que foron sometidas. E aqueles que o fan, tampouco describen a verdadeira dimensión do sucedido. É por iso que para recuperar as vidas de todas esas mulleres o relato oral elevouse como a peza clave para reconstruír o sufrimento. Con todo, durante anos denostouse a súa validez e cuestionouse a veracidade deste método. Hoxe, os libros, as investigacións e as entrevistas demostran que a memoria oral foi fundamental para sacar á luz a historia de mulleres como Custodia Gama, que fora arrastrada polas rúas de Pontevedra cun cartel que rezaba “comunista”.

Carme Vidal, Montse Fajardo e Encarna Otero son tres mulleres, investigadoras e voces autorizadas porque viviron esa época de represión, porque a estudaron ou porque a recuperaron. Encarna Otero viviu non exilio durante vos derradeiros anos da ditadura franquista, exerceu a política ademais de entre outras cousas, publicar varias obras e tamén investigacións académicas sobre a muller na historia. Carme Vidal é xornalista, investigadora licenciada en Filosofía e Ciencias da Educación. Tamén autora de diferentes obras destinada a recuperar a memoria das mulleres. O mesmo fixo a escritora e xornalista Montse Fajardo coordinadora de varios traballos sobre a recuperación da memoria.

Neste Vermú con SER elas convértese na voz de todas as represaliadas ás que o falecemento, a represión e o medo as silenciou durante toda unha vida. Agora, explican, quen pode continuar rompendo ese silencio son as netas, a terceira xeración das mulleres silenciadas. Sobre esa recuperación de memoria, as dificultades para facelo, os tipos de represión, os modos de organización ou a resistencia antifranquista planea esta nova entrega de Vermú con SER.

Laura Fresneda

Laura Fresneda

Periodista. Graduada en Periodismo por la Universidad de Santiago de Compostela. Locutora y redactora...

 

Directo

  • Cadena SER

  •  
Últimos programas

Estas escuchando

Hora 14
Crónica 24/7

1x24: Ser o no Ser

23/08/2024 - 01:38:13

Ir al podcast

Noticias en 3′

  •  
Noticias en 3′
Últimos programas

Otros episodios

Cualquier tiempo pasado fue anterior

Tu audio se ha acabado.
Te redirigiremos al directo.

5 "

Compartir