Directo

ENTREVISTA RODRI Sigue en directo la entrevista en 'El Larguero' a Rodri, el ganador del Balón de Oro

Economia y negocios | Actualidad
Magostos

O Serán-Magosteiro de Moraña celebra o seu décimo aniversario

A Peña Espetados e a Asociación Chinguilipé organizan este sábado, 9 de novembro, a décima edición dun dos magostos máis musicalizados de Galicia

Agárdase que polo magosto de Moraña pasen máis de 800 persoas que poderán escoitar en directo a 13 grupos musicais chegados de toda a Comunidade

O Serán-Magosteiro de Moraña celebra o seu décimo aniversario

O Serán-Magosteiro de Moraña celebra o seu décimo aniversario

05:00

Compartir

El código iframe se ha copiado en el portapapeles

<iframe src="https://cadenaser.com/embed/audio/460/1573044051_903660/" width="100%" height="360" frameborder="0" allowfullscreen></iframe>

Moraña

Non tes plan para este sábado? pois pásate polo Serán-Magosteiro de Moraña que chega á súa décima edición. Este evento, que reúne cada ano a centos de veciños e veciñas e outra moita xente chegada de diversos puntos da xeografía galega, celebrarase este sábado 9 de novembro a partir das 18 horas nunha gran carpa situada na explanada a carón da Carballeira de Santa Lucía.

Tanto a Asociación Cultural Peña Espetados como a Asociación Cultural Chinguilipé, fundadora desta actividade, teñen preparado un amplo programa festivo para celebrar os dez anos do magosto de Moraña este sábado e que comezará cun pasarrúas musical polo centro urbano de Santa Lucía ás 18 horas e continuará cun obradoiro de iniciación ao baile tradicional impartido polo bailador Cristovo Chao.

A partir das 20 horas comezará o magosto con degustación de castañas e chourizos de balde e bebidas a prezos populares e a ruada dentro do escenario e cun gran equipo de son con ata 13 grupos chegados de diversos puntos dos país, entre os que se atopan os morañeses Seixebra, Chinguilipé e a Agrupación Folk da escola de música, As Pandereteiras Madialeva e Os Druídas dende Meis, as Hai que Roelo dende Cuntis, ou o Trío Prata dende Ames. Tamén estarán en Moraña os grupos Airiños da Fracha (Pontecaldelas), SilvaRedonda (Rianxo), Os Carecos (Ortigueira), Café de Pota (Pontesampaio) e Armámola Boa dende o concello de Soutomaior. Así mesmo estará un ano máis en Moraña Joel Padin, o artista vilagarciano gañador do concurso da TVG “Pequenos fenómenos”. O magosto de Moraña rematará cunha gran foliada aberta a todo aquel que desexe participar. Ademais, durante toda a noite realizaranse sorteos de diversos produtos agasallados por máis de 30 comercios de todo Moraña. Así mesmo a organización habilita o pavillón do colexio Santa Lucía para que todos os visitantes que desexen poidan descansar unha vez rematada a xornada festiva.

Dado o gran número de grupos que están confirmados e os que están enviando confirmación nestas últimas horas e ademáis da gran aceptación que está tendo esta nova edición na veciñanza do Concello de Moraña agardan nas asociacións organizadoras sobre pasar a cifra de 800 participantes no serán-magosteiro deste sábado en Moraña.

 
  • Cadena SER

  •  
Programación
Cadena SER

Hoy por Hoy

Àngels Barceló

Comparte

Compartir desde el minuto: 00:00