Vermú con SER
Ocio y cultura
Micoloxía

Vermú con cogomelos

Con Martina Viéitez, bióloga e propietaria da tenda ecolóxica Alcacén de Liñares, aprendemos a distinguir os cogomelos máis comúns de Galicia, nun roteiro pola área recreativa do Lodeiro, en Campo Lameiro

Campo Lameiro

Falar de cogomelos na radio é fácil se contas coa persoa axeitada. Esa persoa que contaxia a súa paixón polos cogomelos a través da ondas. Non queremos facer un programa para expertos, pero si para principiantes ou afeccionados aos cogomelos que queiran facer unha saída micolóxica, ou un roteiro polo monte vendo cogomelos e collendo algún comestible.

Para iso, hoxe contamos en Vermú con SER con Martina Viéitez. De formación bióloga, e de profesión empresaria, relacionada coa agricultura ecolóxica co Alcacén de Liñares, en Couso, Campo Lameiro.

Vermú con cogomelos || Roteiro de iniciación á micoloxía

25:42

Compartir

El código iframe se ha copiado en el portapapeles

<iframe src="https://cadenaser.com/embed/audio/460/1574669145_717659/" width="100%" height="360" frameborder="0" allowfullscreen></iframe>

En Galicia existe un refrán que di: “Redromeira, lar da meiga e da bruxa feiticeira”. Ata fai non moito, aínda que tivésemos unha terra rica en cogomelos, estes non se consumían por estar relacionalos con bruxerías e meigas.

Más información

Nos últimos anos, convertéronsse nun manxar cada vez máis anhelado, como xa viña ocorrendo en Cataluña ou o País Vasco. Boa mostra diso é que, cada outono, máis afeccionados se bótan ao monte á caza dos máis deliciosos e variados fungos. Pola súa climatoloxía, os nosos montes contan cunha ampla variedade de especies comestibles, como os cogordos, os níscalos ou os boletos.

Se queren ter unhas claves para iniciarse no mundo da micoloxía están no programa de radio axeitado.

 
  • Cadena SER

  •  
Programación
Cadena SER

Hoy por Hoy

Àngels Barceló

Comparte

Compartir desde el minuto: 00:00