Últimas noticias Hemeroteca

Sábado, 11 de Julio de 2020

Otras localidades

Nutrición

Consellos para non engordar no Nadal

Turrón caseiro, controlar a cantidade de comida que poñemos no plato ou non excedernos co alcohol

Unha mesa de Nadal

Unha mesa de Nadal / CANVA

Báscula e Nadal son palabras que moi poucos logran que se entendan. Como o perro e o gato, como o Ying e o Yang. Conseguir que os pantalóns pechen do mesmo xeito que o facían antes de decembro é dificil tarefa, pero valeaquí van os mellores tips nutricionais para que este ano sexa posible.

O Nadal non dura quince días. Comidas familiares, cenas de empresa, reencontro con vellos amigos... O derradeiro mes do ano condensa toda actividade gastronómica que quedou pendente nos once restantes. Que debemos facer? O experto en nutrición deportiva,  Isaac Videchao, danos as chaves idóneas.

Practica exercicio

O idel é manter o noso corpor exercitado, activo. Se xa adiotamos a adestrar de xeito competente, con intensidade, manteñámolo. Se somos conscientes de que a inxesta calórica dese día será superior á que adoitamos facer, podes prolongar o teu adestramento. Non teñas medo por adestrar, manter o noso corpo en movemento axudaranos a facer máis livianas as datas de Nadal.

Se pola contra non tes o corpo adaptado a unha rutina deportiva, intenta comezar con exercicios máis libianos. Pasear, camiñar a bo ritmo ou mesmo opta por sobre mesas activas, xogos de mímica, baile... os cativos sempre axudan e levantarnos da cadeira.

Evita o alcohol

As bebidas alcohólicas son un dos principais inimigos destas datas. O alcohol non aporta nada máis calorias "baleiras"."Non hai nutrintes, graxas positivas, non hai proteinas... estamos dándolle ó corpo unha importante inxesta calórica que non aporta nada". Por iso, nestas datas de excesos hai que intentar que as calorías proveñan da comida e non da bebida.

Non fagas xaxúns

Unhas das teorías máis espalladas entre os mortais con pánico á bácula é a de saltar comidas. Evitar comer ningún tipo de alimento e reservarse únicamente para a inxesta importante do día. "É un erro enorma. O xaxun o que fará será que chegues a cea, por exemplo, con moita máis fame. Con necesidade de comer con ansiedade".

O noso cerebro non recibe de xeito inmediato."Por iso moitas veces nos atiborramos de comida menos saudable sin que fose relamente necesario para o noso organismo".

A mellor opción é chegar a esa tan ansiada cita gastonómica co estómago lixeiro. Avogar por sopas, almorzos baseados en froita e sobre todo comer piña. "Estamos a época da piña. Este froito é moi dixestivo por conter unha alta dose de bromelaína"

Non comas cos ollos

Encher o prato de comida sen medida é contraproducente, pois estams estimulando ó noso corpo a comer grandes cantidades. Porén, se optamos con botar menos cantidade, e se fia falla repetir, controlaremos moito máis o límite do noso estómago. "Unha estratexia moi recurrida é xantar en prato pequeno. Parece que non, pero repetir está máis recomendado que comer máis cantidade de primeiras nun só prato porque controlas a inxesta moito máis".

Turróns handmade, feito na casa

O realfooding e o handmade non é só o postureo instagrammer, se non que realmente poden ser os noso compañeiros perfectos de sobremesa. Facer turrón en casa está o alcance de quen se o propoña. "Basta con non empregar azucre, optar por cacao puro, mesturar productos frescos... Non podemos enchernos de turrón, pero si é unha boa alternativa"

Escoita a sección completa de Isaac Videchao dándolle ó play!

Cargando
Cadena SER

¿Quieres recibir notificaciones con las noticias más importantes?