Ocio | Ocio y cultura
SECTOR VITIVINÍCOLA

Viño, poesía e música dan o pistoletazo de saída hoxe a "Cata a arte"

Novamente, as catas terán un carácter solidario, colabora coa Asociación de Familiares de Enfermos de Alzhéimer de Ourense

Presentación de Cata a Arte / CRDO Ribeiro

Presentación de Cata a Arte

Ourense

O C.R.D.O. Ribeiro pon en marcha a sétima edición do ciclo Cata a Arte, que terá lugar novamente no Centro Cultural Marcos Valcárcel de Ourense e que inclúe presentacións e degustacións de catro adegas da Denominación de Orixe máis antiga de Galicia acompañadas de accións culturais paralelas como música, poesía ou literatura. Na presentación, que tiña lugar recentemente, participaron o presidente do C.R.D.O. Ribeiro, Juan Manuel Casares Gándara, o vicepresidente segundo da Deputación de Ourense, César Fernández, o director do Centro Cultural Marcos Valcárcel, Francisco González e a secretaria da Asociación de Familiares de Enfermos de Alzhéimer de Ourense (AFAOR), María del Carmen Pérez Prieto.

As catas comezarán hoxe xoves 4 de novembro e o seu aforo estará limitado a 50 persoas por xornada, e as prazas serán cubertas por orde de retirada dos convites de xeito presencial no Centro Cultural dende o luns anterior a cada evento. O pistoletazo de saída poñerao Arco da Vella a Adega de Eladio, que realizará unha degustación do seu viño branco Torques do Castro e do tinto Tarabelo, acompañada dun recital poético e de cancións da man do grupo Os Tarabelos, conformado polos artistas Armando González, Andrés Rodríguez, Pepa Álvarez, Curra Figueroa, Antón Alonso e Eladio Rodríguez.

O mércores 10 de novembro será o momento da cata de Nairoa que presentará os viños brancos Alberte, Val de Nairoa, Alberte doble lías e o tinto Alberte ao son country e folk do grupo Os Forasteiros, encabezado por Simone Saibene e en perfecta harmonía con deliciosas propostas gastronómicas.

O xoves 18 de novembro continuaremos coa cata de Vinos con Personalidad que presentará o seu viño branco Renacido en cata vertical, das colleitas 2015, 2016, 2017 e 2018 e o seu viño tinto Big Bang harmonizados de bocados gastronómicos ao son da guitarra e o baixo do Dúo Slastic.

E para rematar esta sétima edición, Bodega Alanís poñerá o broche final o xoves 2 de decembro, onde fará unha degustación do seu viño Gran Alanís 2020 en harmonía con saborosos petiscos e o espectáculo musical de Queiman e Pousa.

Novamente, as catas terán un carácter solidario. O C.R.D.O. Ribeiro colabora coa organización Asociación de Familiares de Enfermos de Alzhéimer de Ourense (AFAOR), polo que nesta sétima edición, solicitarase aos asistentes un donativo a favor desta organización sen ánimo de lucro que leva 26 anos de traxectoria mellorando a calidade de vida dos seus usuarios e apoiando a coidadores e familiares. Para cumprir coa labor, conta cunha rede de colaboración entre entidades públicas, privadas e asociados pensando en ofrecer servizos especializados que faciliten o día a día dos pacientes con Alzheimer e o seu entorno.

 
  • Cadena SER

  •  
Programación
Cadena SER

Hoy por Hoy

Àngels Barceló

Comparte

Compartir desde el minuto: 00:00