Gastro

A Costa da Morte certifica o gran momento da súa oferta gastronómica e suma cinco novos restaurantes na guía Michelín

Na noite do martes celebrouse en Toledo a Gala onde se deu a coñecer a Guía máis prestixiosa no sector gastronómico internacional e na que a Costa da Morte segue consolidándose

O Restaurante As Garzas en Malpica xunto ao Retiro da Costiña en Santa. Comba seguirán sendo, un ano máis, os únicos restaurantes da zona galardoados cunha Estrela Michelín. Pero a nova Guía reflexa a continua melloría na calidade que os restaurantes da Costa da Morte están experimentando nos últimos anos.

Nesta edición conséguese o maior incremento de locais recomendados, así, ata novembro do próximo ano, teremos 13 establecementos recomendados por Michelín, o número máis alto conseguido ata o de agora. As novas incorporacións so: Pementa Rosa de Carballo e Villa de Oro de Camariñas que logran o distintivo Bib Gourmand que destaca restaurantes coa mellor relación calidade prezo. A estes debemos sumar Material en Malpica, Lonxa D’Álvaro en Muxía e Landua no Fieiro, en Mazaricos. Ademais destas novidades, mantéñense na lista tódolos que xa estaban coa excepción do Mar de Ardora de Cabana. Os que se manteñen son Río Sil en Carballo, O Semáforo, O Fragón e o Tira do Cordel en Fisterra, Mar Viva en Corcubión e a Tavernetta da Ponte en Ponte do Porto.

A Costa da Morte suma máis restaurantes recomendados na prestixiosa guía que a suma das provincias de Lugo e Ourense, un reflexo do bo traballo que se está facendo no sector aproveitando a gran calidade do produto do mar e o agro da zona.

Escucha la radioen directo

Cadena SER
Directo

Tu contenido empezará después de la publicidad

En directo

A continuación

Último boletín

Emisoras

Elige una emisora

Compartir

Suscríbete

Tu contenido empezará después de la publicidad