Selecciona tu emisora

Ir a la emisora
PerfilDesconecta
Buscar noticias o podcast

"É un produto que aló onde vai, ábrese camiño": o queixo do Cebreiro amplía as súas fronteiras

O equipo de Hoy por hoy Lugo desprázase ata Pedrafita para un programa especial pola XXXVIII Feira do Queixo do municipio

Hoy por Hoy Lugo (01/04/2026)

Hoy por Hoy Lugo (01/04/2026)

00:00:0001:33:50
Descargar

El código iframe se ha copiado en el portapapeles

Lugo

"Os pequenos detalles son os que sacan adiante unha feira coma esta, que leva xa trinta e oito edicións", asegura José Luis Raposo, o alcalde de Pedrafita do Cebreiro. A Feira do Queixo do Cebreiro é unha das citas máis destacadas do ano para a localidade, e asegura o rexedor que o municipio pon moito traballo para impulsala: "Pelexamos moito por ela porque é un punto de atracción que como pobo nos dá a vida".

José Luis Raposo, alcalde de Pedrafita do Cebreiro, no programa especial de Hoy por hoy Lugo pola Feira do Queixo do Cebreiro.

José Luis Raposo, alcalde de Pedrafita do Cebreiro, no programa especial de Hoy por hoy Lugo pola Feira do Queixo do Cebreiro.

José Luis Raposo, alcalde de Pedrafita do Cebreiro, no programa especial de Hoy por hoy Lugo pola Feira do Queixo do Cebreiro.

José Luis Raposo, alcalde de Pedrafita do Cebreiro, no programa especial de Hoy por hoy Lugo pola Feira do Queixo do Cebreiro.

O queixo do Cebreiro é un produto con Denominación de Orixe que, segundo o presidente do Consello Regulador, Enrique Fernández, é o resultado de "anos de historia feitos manxar". "Ao que lle gusta, namorao", asegura. Para Carlos Reixa, da queixería Santo Tomé, son "a súa textura e o seu sabor" o que o distinguen do resto.

Outra das súas particularidades é a súa forma. Verónica Marcos, que mamou dende pequena a tradición queixeira do Cebreiro, explica que se debe a que no pasado había falta de leite suficiente para elaboralo. "Aquí antes o que había eran vacas rubias, que non dan moita leite, así que o queixo facíase en varias amasadas, con leite muxido en distintos momentos", conta. A súa parte superior é diferente, logo, porque se engadía máis tarde.

Ela aprendeu de súa nai e de súa avoa, e pon en valor "o papel que tiveron as mulleres" na conservación desta tradición, que foron "as que a trasladaron de xeración en xeración". Foi ela precisamente a que lle ensinou a Carlos Reija os fundamentos da elaboración do queixo do Cebreiro, a pesar de que ela decidiu non apostar polo negocio familiar porque "moitas granxas da zona foron desaparecendo" e era "moi complicado acceder á materia prima", é dicir, ó leite. "Esta desaparición vai ligada á falta de servizos no rural e ao despoboamento", reflexiona.

Coincide con ela Reija que, de feito, é gandeiro reconvertido en queixeiro. El pechou a súa explotación no ano 2010, cando "se desatou unha crise que fixo subir moitísimo os custos de produción e tirou os prezos polo chan". "Metinme a facer queixos a pesar de que non tiña nin idea", recoñece, pero tras anos de traballo a súa queixería recibiu xa varios recoñecementos internacionais.

O amparo da Denominación de Orixe

Pola súa banda, Enrique Fernández pon en valor o que significa para un produto de produción local coma este contar co amparo da etiqueta da Denominación de Orixe. "Para o consumidor, é unha garantía de calidade, coma se houbera un ollo que vixila que o que se compra está feito cunha materia prima dunha zona concreta e dun xeito concreto", explica. Engade Verónica Marcos que é "a mellor garantía de trazabilidade dun produto que pode haber".

Agora mesmo son tres os produtores que comercializan Queixo do Cebreiro con ese recoñecemento de ser de Denominación de Orixe, pero o presidente do seu Consello Regulador ten a esperanza de que o número aumente no futuro. "É un produto que onde vai, está abríndose camiño", conta.

Unha aldea internacional

Diante do micrófono de Radio Lugo en Pedrafita sentou tamén Paco, o cura da localidade. Defínese a sí mesmo coma "un paisano máis" do lugar e, en Hoy por hoy Lugo, falou de Petiño. É un paporrubio co que mantén unha "amizade moi grande". Asegura que "vai máis aló do feito darlle de comer", porque todos os paxariños da zona "saben que onda min teñen un restaurante aberto para eles, sobre todo nos meses de neve, cando lles costa tanto dar co alimento". Para él é unha relación de "moito acompañamento".

O sacerdote define Pedrafita do Cebreiro como "unha aldea universal". Isto ten que ver co paso da ruta xacobea polo municipio, que constitúe "a porta de Galicia polo Camiño Francés". "No inverno somos media ducia de veciños", continúa contando, "pero durante o verán vén xente de todo o mundo". Él mesmo foi "peregrino antes ca frade", comenta con gracia, e recorda pasar precisamente pola parroquia que agora atende nos anos 80 e durmir "nunha palloza".

 

Directo

  • Cadena SER

  •  
Últimos programas

Estas escuchando

Hora 14
Crónica 24/7

1x24: Ser o no Ser

23/08/2024 - 01:38:13

Ir al podcast

Noticias en 3′

  •  
Noticias en 3′
Últimos programas

Otros episodios

Cualquier tiempo pasado fue anterior

Tu audio se ha acabado.
Te redirigiremos al directo.

5 "

Compartir