A uva do Ribeiro, protagonista na festa da vendima de Leiro
A XXIX edición da Festa da Vendima de Leiro enxalzará, o este domingo día 26 de agosto, o cultivo da vide que xera unha importante riqueza na comarca
Ourense
A Deputación de Ourense colabora con esta festa tradicional '' e con arraigo, que se converteu no escaparate dun dos productos esenciais da vida económica da comarca do Ribeiro, e de Leiro en particular'', sinalou Rosendo Fernández, quen lembrou que esta celebración nace no ano 1963 como '' un proxecto promocional do viño '' do Ribeiro'' composto por diversas accións.
A Festa da Vendima de Leiro é '' acto que pecha as actividades festivas da nosa comarca, sendo o último acto de exaltación do noso producto estrela, o viño do ribeiro'' sinalou o alcalde de Leiro. Así mesmo, Francisco José Fernández explicou que esta celebración pretende '' exaltar os labores agrículas e de adega que se realizan para ao final conseguir o viño do Ribeiro''.
O programa de actividades de este domingo día 25 de agosto,dará comezo ás 10:00 horas coa recepción de Acios ao concurso, para continuar ás 11:30 horas coa recepción e convidaddos na Casa do Concello.Ás 12.00 horas será a lectura do pregón que nesta edición correrá a cargo de Marcos Pereiro, de '' Mucha e Nucha'', na praza do cruceiro. O tradicional desfile de carrozas e charangas desde a rúa Gabino Bugallal ata o Campo da feira terá lugar ás 12:30 horas, e a esa mesma hora, terá lugar a segunda edición de coches clásicos. Ás 14.00 horas comezarán as actividades instaladas no Salgueiral co XV Mercado Artesanal no que están confirmados '' 26 artesáns que procuramos que sexan todos da nosa provincia'' sinalou Ramón Álvarez que explicou que tamén se celebrará a primeira Mostra dos Viños de Leiro, continuando ás 14.30 horas con xantar popular.
A Mostra de Viños de Leiro é '' unha das novidades deste ano que pretende rememorar o feito de que a primeira acción cooperativista de Galicia naceu en Leiro e para exaltar as dobegas que temos no municipio'', explicou o alcalde de Leiro, que dixo que '' participarán 8 bodegas incluíndo as dúas cooperativas porque hai viticultores de Leiro que suministran uva a estas cooperativas''.
Despois da entrega de premios haberá actividades infantís e continuará a festa no Salgueiral. O deporte chagará ás 17.45 horas coa celebración do partido de presentación do C.F. Leiro contra o C.F. Cortegada. Ás 20.00 horas será a quenda para a música co conreto de Corais de Vendima e ás 21 .00 horas tamén haberá unha actuación musical como peche das actividades da xornada.