Nordés Hora 14Nordés Hora 14
Actualidad
A Costa da Morte

Dúas parroquias de Laracha e unha de Carballo, afectadas pola couza da pataca

Patatas

A Xunta publicará nos vindeiros días no Diario Oficial de Galicia (DOG) a declaración pola que dúas parroquias dos concellos da Laracha (Lendo e Caión) e unha de Carballo (Noicela) pasan a formar parte da zonas declaradas como infestadas pola couza da pataca.

Esta decisión tómase despois de detectar casos de tubérculos afectados en almacéns de autoconsumo nestas tres parroquias, que xa foron destruídos. Deste xeito, as parroquias de Lendo e Caión, no concello da Laracha, e a de Noicela, no de Carballo, pasarán a ter todas as medidas de control aplicadas no resto de municipios demarcados, como a prohibición de plantar patacas e o seu movemento. Ademais, a Consellería do Medio Rural e estes dous concellos organizarán encontros para informar aos veciños afectados das medidas a levar a cabo para combater este organismo de corentena.

De acordo coa normativa vixente, nestas tres parroquias afectadas só se poderá comercializar tubérculo embolsado e etiquetado preparado para o consumidor final, precisamente porque o movemento de pataca a granel estará prohibido, igual que no resto de concellos demarcados.

Pola súa banda, a Consellería do Medio Rural, co fin de que o insecto non se estenda pola contorna, establece tamén zonas tampón nas parroquias limítrofes ás afectadas, nas que se tomarán medidas específicas como que os agricultores deberán comunicar, inmediatamente despois da sementeira, todas as parcelas cultivadas con pataca, segundo o modelo establecido para ese fin.

 
  • Cadena SER

  •  
Programación
Cadena SER

Hoy por Hoy

Àngels Barceló

Comparte

Compartir desde el minuto: 00:00