Gastro | Ocio y cultura
Fiestas populares

A Feira do Pemento de Oímbra, escaparate do produto estrela da súa gastronomía

A XXI edición desta celebración declarada Festa de Interese Turístico de Galicia terá lugar o vindeiro domingo, 5 de agosto.

A XXI edición desta celebración declarada Festa de Interese Turístico de Galicia terá lugar o vindeiro domingo, 5 de agosto. / Diputación de Ourense

Ourense

O municipio de Oímbra acollerá o vindeiro domingo, 5 de agosto, a XXI edición da súa tradicional “Feira do Pemento”, escaparate do produto estrela da súa gastronomía e declarada Festa de Interese Turístico de Galicia. A presentación desta celebración tivo lugar onte no Pazo Provincial, acto no que participou o vicepresidente da Deputación de Ourense, Rosendo Fernández; e a alcaldesa de Oímbra, Ana Villarino.

A Deputación de Ourense colabora con esta celebración “consagrada para exaltar e poñer en valor un dos produtos senlleiros de Oímbra”, sinalou Rosendo Fernández, quen engadiu que se trata “dunha das citas gastronómicas de referencia na nosa Comunidade Autónoma, na que o protagonista, o pemento de Oímbra, un produto clave da nosa gastronomía provincial”.

A alcaldesa de Oímbra destacou a importancia que ten o sector primario na economía do municipio e dixo que o pemento, “ten selo de calidade que é a Indicación Xeográfica Protexida Pemento de Oímbra”. Ademais, Ana Villarino lembrou que desde o ano pasado, “está nos mercados as bolsas etiquetadas co pemento de Oímbra, unha iniciativa, que como outras, contribúen a que a través do pemento, da horta e do viño, a xuventude asente no noso municipio”.

Programación

A Feira terá lugar o vindeiro domingo, 5 de agosto na carballeira de Oímbra, ao carón das piscinas municipais e da Casa do Concello, cun “amplo programa de actividades para ensalzar ao rei da nosa horta”, sinalou a alcaldesa de Oímbra. No recinto estarán instalados stands de produtos agrarios, de maquinaria agrícola e de artesanía, así como actividades gratuítas e xogos tradicionais tanto para nenos como para maiores. Asemade, durante a Feira tamén se celebrará o tradicional concurso de pratos de cociña, ás 12.00 horas, no que o ingrediente principal será o pemento. “Trátase máis ca dun concurso, dunha presentación dos pratos, onde tódolos participantes reciben un agasallo, e froito do cal, elaboramos un recetario con tódalas receitas participantes do ano anterior”, explicou Ana Villarino. A xornada continuará con música que correrá a cargo da charanga BCB de Celanova, e ás 14.00 horas, será a quenda para o xantar popular, amenizado pola música de “DJNESS”. “As entradas para o xantar xa están á venta por un custe de 12 euros”, sinalou a alcaldesa de Oímbra. A programación continúa ás 19.00 horas actuará Daniela Dicostas e ás 20.00 horas, será a quenda para Black Stereo. Ao longo do día, tamén haberá degustación gratuíta de pementos.

 

 
  • Cadena SER

  •  
Programación
Cadena SER

Hoy por Hoy

Àngels Barceló

Comparte

Compartir desde el minuto: 00:00