Sociedad | Actualidad
CULTURA

A novela Arnoia, Arnoia de Ferrín convértese en videoxogo

A novela Arnoia, Arnoia, do escritor Xosé Luis Méndez Ferrín, publicada por primeira vez en 1985, converterase en videoxogo..

Reunión no Pazo Provincial, dos impulsores de esta iniciativa cultural: Manuel Baltar, Presidente da Deputación de Ourense,Antonio Piñeiro, Coordinador cultural no Concello de Celanova, Luz Castro, da Empresa Imaxn Software,e Martín López Nores, Profesor / Deputación Provincial de Ourense

Reunión no Pazo Provincial, dos impulsores de esta iniciativa cultural: Manuel Baltar, Presidente da Deputación de Ourense,Antonio Piñeiro, Coordinador cultural no Concello de Celanova, Luz Castro, da Empresa Imaxn Software,e Martín López Nores, Profesor

Ourense

Un proxecto apoiado pola Deputación de Ourense e contribuirá " a trasladar a todos os públicos a riqueza literaria e turística de Celanova e da provincia de Ourense por medio dun formato novidoso e interactivo", afirmou o presidente do goberno provincial, Manuel Baltar, logo da reunión que mantivo no Pazo Provincial cos impulsores desta iniciativa cultural: Antonio Piñeiro, coordiandor cultural no Concello de Celanova, Luz Castro, da empresa compostelana Imaxen Softwware e especialista en marketing dixital, así como relatora da Ourense ICC WeeK, e Martín López Nores, profesor da Escola de Telecomunicacións da Universidade de Vigo e coordinador por esta universidade, do programa europeo Cross Cult.

O proxecto, que terá versións en galego, español e inglés, ten como obxetivo-por medio da transformación da nevela Arnoia, Arnoia ao ámbito do videoxogo-dinamizar didáctica e turisticamente as Terras de Celanova e da Baixa Limia; divulgar a literatura dos autores de Celanova con outro tipo de rexistros e linguaxes comunicativas alén do libro; utilizar as novas tecnoloxías para aproximar a literatura dos autores de Celanova á xuventude.

Tamén pretende promover a dinamización local e o fomento do emprego por medio da creación de industria cultural baseada no patrimonio literario e cultural de Celanova e a súa zona de influencia.

 
  • Cadena SER

  •  
Programación
Cadena SER

Hoy por Hoy

Àngels Barceló

Comparte

Compartir desde el minuto: 00:00