Últimas noticias Hemeroteca

Lunes, 30 de Marzo de 2020

Otras localidades

CORONAVIRUS | Minuto a minuto CORONAVIRUS | Minuto a minuto Cerca de 12.300 profesionales sanitarios han dado positivo en coronavirus

Román Santalla: "o abastecemento para o gando e a producción de alimentos están garantizados"

O responsable comarcal do sindicato Unións Agrarias sinala que o sector agrogandeiro non percibe problemas de abastecemento polo momento, pero se o confinamento se mantén medrará a incertidume

Unha explotación gandeira de Rodeiro

Unha explotación gandeira de Rodeiro / Cadena SER

O sector gandeiro está a vivir os primeiros días de confinamento por mor do Covid-19 con aparente normalidade. Así o reflexa, en declaracións a esta emisora, Román Santalla: "por agora, o abastecemento para o gando e a producción de alimentos están garantizadas". O responsable comarcal do sindicato Unións Agrarias indica que tentarán facer a súa labor como ven sendo habitual dentro da cadea alimenticia, pero recoñece que viven a situación con certa incerteza.

O tamén representante do sector gandeiro a nivel nacional entende que os problemas poden chegar nos vindeiros días. Por un lado "producimos alimentos perecedeiros que necesitan ser vendidos cada día", sinala. Por outra banda, se os restaurantes que adoitan mercar carne permanecen pechados, esta nos se vende. Un problema que se ve acentuado xa que tampouco se comercializan os animais debido a que as feiras tamén están todas canceladas. "pensamos que esto non vai durar quince días, vai durar máis e estamos preocupados por esto".

Santalla aproveita esta situación de confinamento para facer unha chamada á cidadanía para que merquen productos galegos, de calidade e a bo prezo, garantindo o abastecemento deste tipo de alimentos. Coa axuda dos particulares, Román Santalla lanza unha mensaxe optimista "esto danos seguridade, e entre todos vamos a sair pronto desta crise sanitaria",

Cargando
Cadena SER

¿Quieres recibir notificaciones con las noticias más importantes?